Brión estrea nova unidade de infantil e Oroso e Negreira temen versedesbordados
[08/09/2009]
Mentres no CEIP de Brión se adiantaron ao previsible bun de novos veciños, estreando unha nova unidade de Infantil para dar resposta á demanda, o colexio público O Couto de Negreira seguirá este ano con practicamente o mesmo número de alumnos, pero cunha previsión de sumar para o curso 2010-2011 entre 70 e 100 novos escolares, dado a alza no número de nacementos que se rexistra dende hai un par de anos. Alí esperan que a Xunta dote con novas instalacións ao centro.
Isto mesmo agarda a comunidade escolar de Sigüeiro, en Oroso, onde o único CEIP existente se atopa tamén ao límite da súa capacidade. Os 540 alumnos cos que conta o colexio copan xa a totalidade de espazos do centro. Dende hai anos o Concello demanda a construción dun novo agora xa comprometido polo pasado Goberno bipartito e á espera de continuidade co actual.
Enlace a Tierra de Santiago