|
 |
Venres, 13 de Decembro do 2019 |
|
Empresas - AXUDAS
Subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes
Data de publicación na web: 07/04/2011 |
Obxecto: A promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios: Os titulares dos establecementos restaurantes inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, que se subvencionen terán que serpropietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/04/2011 |
Enlace: www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ab41a2634b2ffb10c12578630066df48/$FILE/06400D004P030.PDF |
Subvencións para a creación de aldeas de turismo rural, a mellora de establecementos existentes de turismo rural, e a creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos de turismo rural existentes
Data de publicación na web: 07/04/2011 |
Obxecto: A promoción e comercialización de Galicia como destino turístico, mediante a subvención a entidades privadas para a creación de aldeas de turismo rural, a mellora de establecementos existentes de turismo rural, e a creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos de turismo rural existentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Actuacións subvencionables:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos relativos á creación de aldeas rurais para a realización de actividades de turismo rural. Enténdese por aldea de turismo rural «o conxunto de, como mínimo, 3 casas situadas no mesmo núcleo rural, que sexan explotadas de forma integrada e pertenzan ao mesmo titular. O conxunto das vivendas da aldea de turismo rural gardará entre si unha distancia máxima de 500 m».
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, modernización e remodelación de aldeas rurais, ou establecementos existentes de turismo rural.
Liña C) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos existentes de turismo rural en actividades tales como turismo de natureza, turismo mariñeiro, enoturismo, hípica, golf, náuticas e aqueloutras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural, sempre que estean insertas e vinculadas a eles.
Beneficiarios: As empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/04/2011 |
Enlace: www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ab41a2634b2ffb10c12578630066df48/$FILE/06400D005P047.PDF |
|
|
|