|
 |
Luns, 18 de Xaneiro do 2021 |
|
Empresas - AXUDAS
Programa para a promoción do emprego autónomo
Data de publicación na web: 07/04/2011 |
Obxecto: promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011 |
Enlace: www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5db18f731832de6ec125785d004f2f3a/$FILE/06000D003P019.PDF |
Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
Data de publicación na web: 07/04/2011 |
Obxecto: convocatoria do Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego. Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Beneficiarios: as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011
Nota: Atender ao prazo establecido en cada unha das correspondentes liñas de axuda. |
Enlace: www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/f26b9c39e16682c0c125785e00578c75/$FILE/06100D008P034.PDF |
Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
Data de publicación na web: 07/04/2011 |
Obxecto: convocatoria de subvencións para impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica en Galicia. Tipos de axuda:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Beneficiarios: as empresas privadas, incluídos os autónomos/as, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011 |
Enlace: www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/98799755dbd94684c12578620069f59c/$FILE/06300D007P026.PDF |
|
|
|