axu8da navegacion versión accesible aviso legal axuda
columna izq
briondixitalaxuda á navegacion
banner
menus
calendario Luns, 11 de Decembro do 2017
     

brión dixital

Dende hai anos o concello de Brión vén presentando unha especial atención ao desenvolvemento das novas tecnoloxias da información e da comunicación no seu  territorio e ao achegamento das mesmas á población. Na actualidade este concello conta coas seguintes páxinas web:

A oficial: www.concellodebrion.org, onde se pode acceder a información de diversa índole relativa o concello: arte, historia, infraestructura, transportes, festas… e ademáis esta web recolle, de maneira actualizada case diariamente, as actividades que se van realizar nos distintos departamentos: cursos, antroido, brionarte, etc…

Infobrion: www.infobrion.com , proxecto que desenvolve a Universidade de Santiago en colaboración co Concello, e que pretende impulsar a recuperación da memoria histórica e a revalorizaicón da cultura popular no contexto da Sociedade de Información.

Este novo portal [briondixital] plantéxase como un complemento necesario a estas duas páxinas a través do cal se vai favorecer a participación activa da población no desenvolvemento do concello.

O proxecto [briondixital] plantexase como un complemento ás páxinas web activas do concello a través do cal se pretende impulsar e favorecer o acceso ás novas tecnologías, e a participación activa no seu desenvolvemento, da población en xeral e das asociacións, empresas e colectivos en particular.

OBXETIVO XERAL: impulsar a participación social no ámbito da sociedade da información a través da creación dun portal cidadán como espazo de información, intercambio e relación de asociacións e veciños posto ao servizo da dinamización económica, social e cultural do concello.

OBXETIVOS OPERATIVOS: identificar as necesidades informativas a cubrir no deseño do portal cidadán e implicar ás asociacións e población en xeral no seu desenvolvemento.

Deseñar un portal informativo en lingua galega que cubra as necesidades detectadas, aberto á participación directa dos veciños.

Dotar aos membros e voluntarios das asociacións, e aos particulares interesaos dos recursos necesarios para facer uso das novas tecnoloxías.

A metodología que se está a utlizar é unha metodología participativa onde se conta tanto coa opinión dos técnicos do concello como ca dos membros das asociacións e empresas. A opinión dos usuarios terase en conta no desenvolvemento do proxecto a traveso de foros abertos na propia web.

O proxecto estase a desenvolver na súa totalidade no Concello de Brión. Se ben a empresa contratada para realizar o deseño da páxina está ubicada na cidade de Santiago de Compostela, as xuntanzas de coordinación, a compilación de información, o estudo das necesidades, etc… estase a facer en Brión.O proxecto [briondixital] está ubicado, en concreto, no Centro de Sevizos Sociais, situado na Avenida de Santa Minia nº 70, utilizandotamén outras instalacións como a Casa da Cultura ou as aulas de formación do concello sobre todo para xuntanzas de coordinación e informativas.

 

(c)
columna derecha
contacto privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion BrionDixital